HOY DIRECTO DE PHANTOM CLUB EN TVG2



Un programa de TV dirixido, realizado e producido por Casa de Toloscdt

03¿É a cidade das murallas unha funky town, como cantan os nosos amigos de Phantom Club? ¿Será que xa os romanos sabían de funky, ademais de toca-la lira, de dirixir lexións, ou de ser expertos en dereito romano ou latín? ¿Saberían Séneca ou Tito Livio de funky, de rock, de fusión?
Pois co permiso de xenios coma James Brown, igual ata si ¿Por que non?
Podería ser, dado que o carácter cosmopolita do grupo Phamtom Club nos leva tanto a Bos Aires, coma a Vigo, coma a Tui coma a Sala Capitol, pode levarnos tamén a calquera lugar do universo onde a xente sexa movida e queira bailar.
E que mellor lugar para elo que o Clavicémbalo, local emblemático de música galega coma poden sela Iguana, o Dado Dadá, O Filloa, coma era a Sala NASA no seu día ou coma poden ser o resto dos locais da Rede Galega de Música ó Vivo. Dicir dende aquí que o Clavi xa ten 25 anos de vida, e que antes da actual xerencia, foi creado por músicos da escena galega coma o coñecido por todos vós Segundo Grandío (unha das súas experiencias musicais, como logo foron os seus longos anos en Siniestro Total, e agora Casa de Tolos, quen dirixe e produce Enrede); Alfonso Franco (coñecido violinista folk da escena galega, quen tamén fundaría locais con sona coma a Casa do Patín en Santiago), ou o artesán de gaitas Sito Carracedo. Teño que falar dos comezos porque se ben eu era un cativo e vivía en Santiago, sabía desta experiencia.
Os Phantom, son un grupo formado por xentes de Tui, Vigo e Bos Aires en 2002, que misturan música funky con rock, aínda que tamén podemos levalo a pinceladas jazz, blues e gospel. A súa fortaleza, dentro da calidade do grupo, é a súa forza en escena, co dúo de cantantes masculino-femenino dando saltos, literalmente, con esa mistura de ritmos acentuados, sincopados; pero que non só están pensados para ser escoitados, senón para sentir co corpo, danzar, brincar, soltar adrenalina, bailar... E é neste punto onde podemos buscar o nexo dos Phantom coa música de baile ou a música disco. Ninguén, por apalancado que sexa ou por canso que estea nese momento, é indiferente a este terremoto rítmico: o corpo móvese ó son dos seus compases: puro funky Town!!! Fixádevos nese tema porque é realmente un dos hits mais pegadizos -tanto dende o punto de vista melódico coma rítmico- que escoitei en moito tempo. Dende a primeira vez que en Gondomar, nos estudos escoitei este tema, nunca máis se me esqueceu da testa. E penso que a todos vós vos acontecerá o mesmo.
Dicir que o grupo, vai collendo a súa sona non xa na escena galega, senón nacional e mesmo internacional. Dicir tamén ó respecto que o recente DVD lanzado ó mercado "Muchas Noches, Buena Suerte", contou coa colaboración de músicos renombrados coma o ex Tequila Ariel Rot, Andy Chango, ou Pablo Novoa, da movida viguesa (Golpes Bajos), entre outros. Ou que mesmo soe colaborar con eles o tamén artista tudense afincado en Madrid Víctor Coyote (quen seguramente merece máis recoñecemento no que a influencias latinas, estética e outros temas artísticos se refire, que o que moitas veces lle deu a prensa da Movida). O DVD, contou tamén cunha forte campaña de lanzamento, xa que ademais das redes sociais, os diarios máis convencionais como La Voz de Galicia ou El País, deron boa conta deste lanzamento mesmo para que os máis profanos na materia se enteraran desta nova mostra de talento galego, anque non só galego.
Se cando os barcos, a principios do século XX partían de Vigo cara Arxentina, nese nexo indiano entre a terra e a quinta provincia, coñeceran da música dos Phamton, irían todos os nosos paisanos a unha funky town, alegrando a travesía cun pouco de ledicia musical, alegrando esa triste experiencia da emigración.
Pois ben, amigos, non vos perdades este mércores ós Phantom Club. A recomendación, esta vez e que apartedes o sofá, e que trouledes un pouco ó son do funk galego, xa que cada un dos vosos fogares será pois iso... unha nova funky town, unha nova república no funky aberta ó baile e á boa música!
E que ti, querido telespectador, tamén es... puro funky town!!!
Pikin Floyd
Actualizado (Martes, 13 de Marzo de 2012 12:16)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Buscar este blog